- O autor visitou o centro para falar sobre da obra Denébola, a Roxa e sobre as desigualdades das mulleres na sociedade pasada e actual.
O instituto baiés Maximino Romero de Lema (Zas) comezou con forza unha nova edición do mes do libro ao contar coa visita do escritor Héctor Cajaraville, que compartiu co alumnado de 3º da ESO o proceso de creación de Denébola, a Roxa, unha obra na que a protagonista é unha muller marcada pola superstición de ter unha cabeleira roxa e que, a pesar dos atrancos que se lle presentan, buscará o modo de rexerse polos seus propios principios e tomar as rendas do seu destino.
O acto iniciouse cunha presentación do escritor a cargo de Noa, unha alumna do centro, para dar paso á estrea dun booktrailer do libro realizado por máis estudantes. Con esta peza o autor quixo distanciarse no tempo (xa que obra está ambientada no século XVII) para denunciar as desigualdades de xénero e as dificultades que seguen a ter hoxe moitas mulleres para vivir en liberdade.
Cajaraville fixo fincapé na importante de documentarse e investigar para realizar as obras segundo o contexto das historias e aproveitou para manter unha conversa moi dinámica e sen pelos na lingua sobre varios aspectos do libro como nome da protagonista, o convento de clausura, os estereotipos sobre os piratas e a homosexualidade neste mundo, entre outros temas.