O escritor Marcos Calveiro eleva a literatura no IES Maximino Romero de Lema

1 minutes read
  • Fixo un repaso das súas obras e creou debates sobre o papel dos medios de comunicación e da sociedade en certas problemáticas actuais

O alumnado do IES Maximino Romero de Lema (Zas) segue recibindo visitas moi enriquecedoras ao participar no programa “Actividades Literarias en Institutos de Ensino Secundario” do Ministerio de Cultura.

Se ben a semana pasada estivo presente no centro a divulgadora científica Estíbaliz Espinosa, esta vez tocoulle ao escritor Marcos Calveiro quen, ademais de resaltar que se atopa nun momento de silencio literario que está a piques de rematar, compartiu cos alumnos “a cociña” da súa escritura en tres sesións na que se centrou nos libros lidos en cada curso.

O autor compartiu cos rapaces imaxes da Vilagarcía do século pasado, na que transcorre a premiada O xardineiro do cemiterio dos ingleses, e mesmo dou pé a un interesante debate do papel dos medios de comunicación e do comportamento da sociedade en casos de desaparición de menores de idade, aproveitando o tema central da obra Todos somos.

Previa a visita do autor e tras a lectura das obras, o alumnado foi quen de recrear con composicións a esencia de moitos dos libros de Marcos Calveiro, montándoas nunha exposición que comezaba xa no exterior do centro.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?