O escritor X. Ricardo Losada gaña o Torrente Ballester da Deputación

O escritor e profesor de Rianxo, X. Riardo Losada, é o gañador do XXXII Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega coa súa obra coa novela «O rosario e a buguina» na que recrea os últimos meses de vida do poeta Manuel Antonio e o conflito que ten coa súa nai por motivos relixiosos. O xurado destacou a creación dos personaxes e a escritura coidada da obra. O premio está valorado en 6.500 € máis a publicación da obra gañadora. O autor é profesor de Filosofía no IES Félix Muriel de Rianxo e xa publicou cinco libros, «O xente da chuvia» (Edicións do Castro), «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo» (Xerais Edicións) «Bótame deste mar fóra» (Toxosoutos), «Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego» (Editorial Galaxia) e «A casa xunto ao volcán» (Editorial Galaxia), galardoada co II Premio Viadutos 2019.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha