O escritor xaponés Haruki Murakami, premio Princesa de Asturias das Letras 2023

O escritor xaponés Haruki Murakami (Kioto, 1949) foi galardoado este mércores en Oviedo co Premio Princesa de Asturias das Letras 2023 ao que optaban 37 candidaturas de 17 nacionalidades. Murakami reside en Estados Unidos e obtivo un resoante éxito internacional coa súa obra Tokio blues (1987), titulada Norwegian Wood na súa versión orixinal e que se traduciu a máis de corenta idiomas. O das Letras foi o quinto dos oito Premios Princesa de Asturias en resolverse este ano, todos eles dotados coa reprodución dunha escultura deseñada por Joan Miró, 50.000 euros en metálico, un diploma e unha insignia e que serán entregados en outubro próximo durante unha cerimonia no Teatro Campoamor de Oviedo. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha