O espectáculo «Jazzliza» conmemorará as Letras Galegas a ritmo de jazz e poesía

1 minutes read
  • A cita será o vindeiro xoves 6 de maio, ás 20,00h., no Teatro Colón da Coruña.

A proposta Jazzliza, na que a Xunta de Galicia colabora canda outras institucións, é unha proposta que combina jazz cunha ducia de textos senlleiros doutros tantos poetas galegos nunha panorámica histórica, baixo a dirección do pianista e compositor Alberto Conde, en colaboración coa Big Band do CMUS da Coruña, e con Silvia Alonso, Xurxo Fernández e Nilaila, Bea García, Carmen Rey, Diana Tarín e Xurxo Souto, entroutros artistas convidados.

Así, o programa ofrece unha selección de textos cun significado destacado na nosa literatura, abarcando un arco temporal e un abano de actitudes expresivas, desde a Idade Media ata a contemporaneidade, incluíndo mostras da Xeración Nós e de poéticas ligadas á cidade da Coruña –Curros, Fernán-Vello, Ánxeles Penas–, mostrando unha multiplicidade de perspectivas nas que se proxecta, como nun calidoscopio, a sensibilidade colectiva.O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participaron este mércores na rolda de prensa de presentación do espectáculo.