O esquerdista Castillo imponse no escrutinio en Perú

1 minutes read

Co 100% das actas procesadas e apenas un puñado de votos por escrutar, o esquerdista Pedro Castillo, confírmase como o candidato máis votado nas presidenciais peruanas. Castillo recibiu a felicitación da esquerda latinoamericana, que o virtual presidente electo peruano agradeceu. Unha das primeiras mensaxes nas redes sociais foi do presidente de Arxentina, Alberto Fernández. Mentres, a Fiscalía peruana solicitou o reingreso en prisión preventiva da candidata conservadora, investigada por corrupción no caso Odebrecht, petición que Keiko Fujimori considera «absurda». A Oficina Nacional de Procesos Electorais (ONPE) ultima a contabilización do resto de papeletas pendentes (un 0,705% do total) aínda que na práctica é imposible que se poida reverter un resultado que Keiko Fujimori, tras as súas denuncias de suposto fraude, parece pouco disposta a asumir.