O estado de alarma excede o millón de multas en España

3 minutes read

O pasado mércores 20 de maio, dábanse a coñecer os datos que poñían de relevo a superación do millón de multas impostas en España, como consecuencia de violar as medidas do estado de alarma. A barreira era excedida o luns 18 de maio con 1.005.187 propostas de sanción pecuniaria. Ademais, realizábanse 8.732 detencións. Todas elas serán revisadas polas diferentes delegacións do goberno, organismo encargado de establecer se estas prosperan ou non, así como de determinar a cantidade final a pagar.

A lectura destes datos tamén arroxa luz sobre cales son, entre as forzas e corpos de seguridade do estado, as que máis multas impoñen. Situamos no máis alto deste particular pódium á Policía Local con 369.567, seguido pola Garda Civil con 290.672 e o CNP (Corpo Nacional de Policía) moi preto, pero pechando xa o caixón, con 268.567 sancións. Con todo, a “voracidade” sancionadora dos primeiros días foi progresivamente minguando desde o 14 de marzo, data que marcaba o arranque do estado de alarma, ata datas posteriores onde avanzaron as medidas de desconfinamento. Durante a semana santa, concretamente os días 11 e 12 de abril (sábado e domingo), establecíase o récord de multas no territorio nacional con 50.000 e 441 detencións.

España é un dos países máis sancionadores. Moi preto sitúanse nacións da nosa contorna como Francia e Italia. Mentres o Ministerio do Interior do país galo, arroxaba a cantidade de 915.000 multas, os transalpinos impoñían máis de 300.000 en apenas os dez días que van desde fins de abril ata pouco máis do fin da primeira quincena de maio. No outro lado da balanza situamos ao Reino Unido cunhas cifras paupérrimas, por baixo das 13.500 sancións ata o 11 de maio. A día de hoxe en España, a Lei orgánica de protección da seguridade cidadá, coñecida popularmente como Lei mordaza, establece como falta grave a desobediencia aos axentes. A pesar de todo, o quid da cuestión estriba no por que é necesario intervir tanto para que a cidadanía teña un comportamento cívico acorde co problema ao que nos enfrontamos.

Ao principio do estado de alarma era común ver a xente saltarse as normas utilizando as escusas máis baladíes. A actividade informativa dos axentes da autoridade tivo que tornar en sancionadora para lograr os efectos desexados e desta maneira, protexernos dos perigos aos que algúns, imprudentemente expoñíannos. Co avance das distintas fases do desconfinamiento, tamén puidemos observar como en diferentes lugares do país saltábanse á toureira tanto as distancias obrigatorias en tarrazas e sitios públicos como o uso obrigatorio de máscaras; celebrándose mesmo reunións e festas con gran cantidade de xente, poñéndonos en perigo a todos.

Ante isto, e a posteriori de numerosas advertencias, as forzas e corpos de seguridade do estado víronse obrigados a actuar co obxecto de protexer á poboación daqueles que non entenden o moito que nos xogamos. Exercendo con proporcionalidade o monopolio da violencia que se lle outorga #ante situacións de flagrante perigo ou desobediencia total. Posiblemente puidese haber algunha excepción denunciable e pouco afortunada, pero na súa inmensa maioría, as actuacións realízanse con todas as garantías democráticas propias do estado de dereito e co obxecto de facer cumprir a lei.

Non debemos esquecer que estas sanciones récord son, case sempre, froito da imprudencia e a falta de respecto aos demais. Impostas por axentes da autoridade quen, nas súas casas, tamén son pais, nais, irmáns, irmás, amigos e amigas. E de igual maneira, teñen maiores e pequenos aos que coidar e protexer. Alguén ten que realizar a ingrata tarefa de informar, advertir e, chegado o caso, sancionar ou deter. Fagamos o seu labor un pouquiño máis fácil e respectémola.

ALEJANDRO LUÍS OTERO JAMARDO

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?