22
Este será un dos anuncios que prevé facer o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o vindeiro mércores durante a primeira xornada do debate de política xeral, o primeiro desta lexislatura. A sanidade e a reactivación económica serán dous dos eixos do discurso de Feijóo, que dedicará a xornada festiva deste martes a ultimar a preparación do debate, motivo polo que non acude aos actos oficiais en Madrid previstos polo 12 de outubro.