O Estado Islámico asume a autoría da cadea de atentados en Sri Lanka

1 minutes read
  • O obxectivo dos ataques eran os cidadáns dos países da coalición e os cristiáns.

O grupo xihadista Estado Islámico reivindicou a autoría dos atentados do domingo en Sri Lanka. Fíxoo a través da axencia afín Amaq, aínda que a autenticidade do comunicado non puido ser verificada. Amaq informa que o obxectivo dos ataques eran tanto os cidadáns dos países da coalicón como os cristiáns.

Segundo a información que manexaba o Goberno de Sri Lanka, o responsable dos atentados foi o grupo terrorista local National Thawheed Jama’ut (NTJ), aínda que contarían con axuda do exterior.

As primeiras investigacións sinalan tamén que os atentados produciríanse como represalia polo sucedido en Christchurch, Nova Zelanda, onde morreron 50 persoas tralo ataque dun supremacista branco a dous mezquitas.

Polo menos 40 persoas foron arrestadas no marco da investigación e o número de vítimas mortais supera xa as 320.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?