O Estado non cede o Pazo de Meirás para entregar as medallas Pardo Bazán

0 minutes read

O Estado négalle a Xunta o permiso para entregar as medallas de Pardo Bazán en Meirás. Estas medallas entréganse o 8 de marzo, e son o galardón do Executivo autonómico ás entidades e persoas que traballan pola igualdade. A Xunta solicitáralle ao Goberno celebrar o acto nos xardíns do Pazo de Meirás, pola vinculación do inmoble con Pardo Bazán. Segundo trascendeu, o Executivo central rexeita a petición debido ás obras de acondicionamento que se están facendo tanto no exterior como no interior do recinto.