O Estado non prevé compensar a débeda a Galicia pola reforma do IVE de Rajoy en 2017


O Consello de Ministros ordinario do Goberno de España celebrado este martes aprobou as entregas a conta ás comunidades autónomas para 2020. Activando así a transferencia dos fondos que cada mes perciben as autonomías polos impostos estatais tales como o IRPF ou o IVE, entre outros. Son 103.000 millóns de euros dos que 7.372,77 corresponden a Galicia, un 3,9% do previsto inicialmente hai un ano, cando foran 276,08 millóns menos. Esta aprobación das entregas a conta prodúcese sen aclarar se finalmente os gobernos autonómicos chegarán a cobrar a débeda xerada pola reforma do IVE aprobada polo Goberno de Rajoy en 2017. No caso galego son 198 millóns de euros que a Xunta incluíu nos seus Orzamentos como previsión de ingresos.