O Goberno Central presentou unha demanda contra a familia Franco para recuperar o Pazo de Meirás como ben público como final dun proceso que iniciara a elaboración do seu informe xurídico que abría ese camiño como máis eficaz para lograr o obxectivo. O informe xurídico elaborado por un equipo dirixido polo profesor da Universidade de Santiago, Xabier Ferreira, abría o camiño para reclamar o inmoble por vía xudicial desde o Goberno Central ao demostrar que pasara a mans de Francisco Franco a través dun acto de compra-venda ficticio xa que entón xa funcionaba como residencia de verán do Xefe do Estado. Os informes probaban tamén o desvío de fondos desde Patrimonio Nacional para o Pazo de Meirás, para o mantemento do inmoble como para subministrar alimentos e outros enseres para a familia do ditador nas súas estadías veraniegas. Na documentación incluíase a constatación dunha partida orzamentaria destinada ao Pazo de Meirás que demostraba que funcionaba como residencia de verán do ditador.
O Estado querelase contra os Franco pola posible compra fraudulenta do Pazo de Meirás
Pazo de Meirás