O Estudantes de Lugo privou ao Calvo Basket Xiria da súa cuarta vitoria consecutiva

Os de Héctor Méndez entraron ben ao partido ante un Estudantes de Lugo que mostrou un bo nivel en moitas fases do partido e que privou ao Calvo Basket Xiria de conseguir a vitoria na casa, que sería a cuarta consecutiva. O equipo local estivo máis acertado que o seu rival ao comezo do encontro e ao descanso a vitoria visitante era mínima (40-41). O terceiro cuarto foi o que lle pasou maior factura ao Calvo Basket Xiria con varias perdas de balón que souberon aproveitar os lucenses ao contraataque, conseguindo un resultado parcial de 10 puntos ao seu favor, 9-19. Na recta final o Xiria quixo, pero non puido, e viuse superado por un Estudantes de Lugo que acabou impoñéndose por 72-83.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha