O Etna volve entrar en erupción

O Etna entrou outra vez en erupción arroxando unha grande cantidade de vapor e de cinzas. O volcán siciliano é o máis activo de Europa e as súas erupcións son frecuentes, aínda que non adoita causar danos e non pon en risco á poboación local. A última gran erupción produciuse en 1992.

Este sábado foi visible unha enrome columna de vapor e de cinzas que se elevou con estruendo no aire desde o cumio do monte. O ceo escureceuse ao aclipsar o po a luz do Sol e moitos veciños da zona achegáronse apara racer fotos ou tan só para admirar o espectáculo que deixa o volcán.

O Etna espertou de novo o pasado 16 de febreiro e desde aquela entrou en erupción máis de 50 veces este ano, pero non está a provocar danos na illa mediterránea.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha