O exceso de velocidade podería estar detrás do accidente mortal de Marín

1 minutes read

A Policía Local investiga as circunstancias do sinistro no que morreron dous mozos nun choque entre dous turismos en Marín. Un dos coches, no que viaxaban catro mozos, perdeu o control nunha curva para acabar batendo cun todoterreo que circulaba en dirección contraria e que non puido evitar o obstáculo. Os primeiros indicios apuntan a un exceso de velocidade como causa. O condutor, de vinte anos, só presentaba danos leves e deu negativo nos controis de alcol e drogas. Os dous feridos foron trasladados a un centro hospitalario. O concello de Marín decretou dous días de loito oficial como «manifestación de dó e coa intención de acompañar as familias no duro camiño que lles toca percorrer» polo triste falecemento de Rubén Farto e Brais Sestelo. As bandeiras dos edificios institucionais ondearán a media hasta durante a fin de semana e suspéndense todos os actos e as actividades culturais, deportivas e de ocio programadas para estes días. A alcaldesa, María Ramallo, explicou que se trata dunha decisión de toda a corporación.