O exconcelleiro coruñés Díaz Villoslada incorpórase a Sumar tras deixar o PSOE

Dous días despois de deixar a militancia do PSOE, Juan Manuel Díaz Villoslada anuncia a súa incorporación a Sumar. O exedil socialista coruñés, que chegou a ser rival de Gonzalo Caballero nas primarias do PSdeG para a presidencia da Xunta, di que se incorpora ao proxecto de Yolanda Díaz co obxectivo de contribuír á ampliación da base progresista en Galicia. Díaz Villoslada ocupara o posto número catro na candidatura liderada por Inés Rey ás eleccións municipais de 2019, tras as que formou parte do Gobierno local como responsable de Urbanismo. Deixou ese cargo por discrepancias co núcleo duro do Executivo municipal ao sentirse excluído da toma de decisións a pesar da relevancia do posto que ocupaba.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha