O exdirector da seguridade na circulación de Adif culpa o maquinista do accidente de Angrois

Andrés Cortabitarte, director da seguridade na circulación de Adif desde 2005 ata o 2 de xuño de 2013, culpou este xoves ao outro acusado, Francisco José Garzón Amo, do accidente desencadeado o 24 de xullo de 2013 na entrada a Santiago, co saldo de 80 persoas mortas e case 150 feridas.

Segundo dixo, a causa do descarrilamento é un «incumprimento» de velocidade de Francisco José Garzón Amo, e cualificou a conversa de 100 segundos do condutor co interventor de a bordo, sobre a baixada dunha familia con necesidades especiais en Pontedeume, de «ilegal».

Cortabitarte asegurou que non se pode falar dunha situación «que vai ocorrer hora e media despois»,  polo móbil corporativo, porque Garzón perde «toda a situación do que ten por diante». Subliñou tamén que hai «1.800 curvas con esas características, ou mesmo peores» pero «o que ninguén pode prever é que un tren puidese pasar a máis de 160 quilómetros por hora».

O maquinista, que non está a presenciar esta declaración, freou ata 179 quilómetros por hora. E, segundo Cortabitarte, se chegase a reducir a 160, non existiría o sinistro.

A plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia en Angrois considera que ten «moita maior responsabilidade» o exdirectivo de Adif  que o maquinista.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha