O Exército de Israel interceptou na tarde deste mércores a Global Sumud Flotilla

  • O presidente do Executivo español, Pedro Sánchez solicitoulle ao Executivo de Netanyahu que non vexa como ameaza á Flotilla Global Sumud con españois a bordo.
  • A Policía de Israel fichou 250 persoas que viaxaban a bordo da Global Sumud Flotilla antes de presentalas ante o xuíz para a súa eventual deportación.

A Global Sumud Flotilla, que aglutina a máis de 40 barcos con axuda humanitaria á Franxa de Gaza, foi interceptada polo Exército de Israel minutos despois de que denunciase que detectara decenas de embarcacións non identificadas a poucas millas náutica de distancia. A flotilla publicou a mensaxe que lle fixo chegar o Exército de Israel á propia tripulación aproximadamente sobre as 20.00 horas (hora peninsular española) no que lle pide que non avance porque entran nunha «zona de conflito activo» e que se ateñan ás consecuencias. Un portavoz da flotilla respondeu ás Forzas de Defensa de Israel, subliñando que Israel está a cometer crimes de guerra, entre outros, ao usar a fame como arma de guerra, e que está a violar o Dereito Internacional, xustificando así o seu intento de chegar ao enclave palestino. Minutos máis tarde as embarcacións da flotilla sufriron interferencias nas súas comunicacións.

No seu comunicado, a Policía xustificou a operación como unha medida para garantir a orde pública e evitar «calquera intento de socavar a lexitimidade das accións do Estado de Israel». A flotilla, que pretendía romper o bloqueo a Gaza e entregar axuda humanitaria, quedou practicamente desarticulada. Dos 500 participantes, 443 –máis do 90 %– están xa detidos e só permanece no Mediterráneo o barco Summertime, de apoio legal.

Related posts

Polo menos 36 mortos e 279 desaparecidos no incendio de varios rañaceos en Hong Kong

Detido na Habana o profesor ourensán fuxido logo de ser condenado por violar unha menor

EE.UU. designa ao Cártel dos Soles como «organización terrorista», con Maduro á fronte