O Exército israelí asegura ter rodeada a cidade de Gaza

1 minutes read

Faino cando se cumpren 27 días de guerra contra Hamás. Segundo o Tsahal, os militantes islamitas, que ofrecen unha feroz resistencia, dispararon este xoves mísiles antitanque e granadas contra as tropas israelís, ao que estas responderon con lume de artillería, matando, aseguran, a decenas de membros de Hamás.

Esto ocorre un día despois do bombardeo sobre campo de refuxiados de Yabalya, que deixaría polo menos 195 mortos e preto de 800 feridos. E aínda continúa a procura de cadáveres. A ONU reitera a súa condena firme dos ataques contra civís.

Stéphane Dujarric, voceiro do secretario xeral de Nacións Unidas, informaba de que este “está consternado pola escalada de violencia en Gaza, incluída a matanza de palestinos, entre eles mulleres e nenos, en ataques aéreos israelís en zonas residenciais do campo de refuxiados de Yabalia, densamente poboado”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?