O exército ruso gaña terreo no leste de Ucraína


O leste de Ucraína resiste a pesar de que o exército ruso gaña cada vez máis terreo. Nas últimas horas, o lume cruzado entre as forzas rusas e ucraínas deixou polo menos 6 mortos e 21 feridos, en Donestk, unha das dúas rexións craves do Donbás. Hai uns días, tras atacar insistentemente as cidades de Severodonetsk e Lisichansk, as forzas rusas conquistaron case todo Lugansk, a outra provincia que compón o Donbás.

O gobernador de Lugansk denunciou este venres que é tal o grao de destrución en Severdonetsk que a cidade está ao bordo dunha catástrofe humanitaria. En Donetsk, a situación tamén é desoladora. Segundo fontes oficiais, 583 civís morreron e máis de 1.500 resultaron feridos desde o inicio da guerra. Aínda que con menos intensidade, a guerra tamén sente noutras zonas do país.