- Actualmente dirixe a Escola de Fútbol municipal
O Concello de Camariñas publicou a oitava entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’, unha iniciativa que dá voz a veciños que destacan pola súa profesión, estudos, afeccións ou vivencias. Nesta nova edición o protagonista é Juan Manuel Cabrejo Pasantes, un camariñán coñecido en toda España pola súa carreira como futbolista profesional e que volveu acasa para dirixir a Escola de Fútbol do Concello de Camariñas.
Cabrejo estudou ensinanza infantil na Coruña, aínda que para exercer nese campo tardaría uns poucos anos. A súa carreira como futbolista comeza no Camariñas F.C, logrando acadar o título da Copa da Costa e sendo esta a primeira que lucirían as vitrinas do Hermanas Patiño. O saltou ao fútbol profesional deuno primeiro co Compostela B e posteriormente co primeiro equipo da mítica entidade do fútbol galego. Estivo nas súas filas uns anos nos que case debuta na mellor liga do mundo no momento: a Primeira División Española. Posteriormente desprazou ata lugares como Eibar, Elche, Ceuta e Cartaxena. Na actualidade reside en Camariñas, onde xesta a nova xeración de futbolistas da Costa da Morte dende a súa escola de fútbol.