Os días 11 e 12 de maio visitará Carballo o Presidente da Comisión de Interior do Congreso dos Deputados e exministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos Meco, con seguinte programa:
Día 11 de maio
23:00 h. Visita á sede Local do PSOE de Carballo.
23:30 h. Asistencia ao tradicional acto de pegada de carteis na praza do Concello de Carballo xunto cos membros da candidatura carballesa y demais militantes e simpatizantes.
Día 12 de maio
11:00 h. Viaxará ata Cee, onde será recibido pola Secretaria Xeral e candidata á alcaldía Margarita Lamela Louzán
11:30 h. Ofrenda no «Monumento as Liberdades» en Cee.
17:00 h. Xornada «Os Fillos do Ferro» no edificio Fórum de Carballo, acompañado pola Secretaria Xeral do PSOE de Carballo, María Carmen Vila Blanco e Ángel Ruiz Ordóñez, Secretario de administración FeSMC UGT. Acto que tamén contará ca participación de Ángel Ruiz Ordóñez, Secretario de Administración FeSMC UGT, é Felix Andrés Martínez Gramde, mariñeiro xubilado. O Acto será moderado por Santiago Pazos Iglesias, Sociólogo carballés e discípulo de D. Enrique Tierno Galván.
Do mesmo xeito, fóra destes horarios, o exministro paseará pola capital de Bergantiños e coñecerá de primeira man as bondades deste concello.