O exministro do PP Jorge Fernández Díaz será xulgado por espionaxe


Novo pau xudicial para a imaxe do Partido Popular en España. O exministro do interior Jorge Fernández Díaz será xulgado por orquestrar unha operación de espionaxe cuxo propósito era facerse con documentos comprometedores para altos cargos da formación conservadora ligados ao caso Bárcenas, un escándalo que destapou a existencia dunha caixa b no PP, entón partido no poder.

O maxistrado da Audiencia Nacional Manuel García-Castelló tomou esta decisión sen chamar a declarar ao expresidente Mariano Rajoy, ao que serviu Fernández Díaz durante o seu primeiro mandato entre decembro de 2011 e novembro de 2016.

Con todo, arquivou as acusacións contra a exsecretaria do Partido Popular María Dolores de Cospedal e contra o seu esposo, a quen a fiscalía consideraba a parte política da chamada “operación kitchen”.

Durante a mesma, chegouse a asaltar a vivenda do extesoreiro popular Luís Barcenas, que cumpre unha pena de 33 anos e 4 meses de cárcere polo seu papel no caso Gurtel, outro escándalo de corrupción ligado ao PP.