O expresidente de Pescanova condenado a oito anos de cárcere


Manuel Fernández de Sousa, recoñeceu no xuizo, que “puideron cometer erros, pero non delitos”. A Audiencia Nacional condenao a 6 anos de prisión polos delitos de falsidade en documento mercantil, estafa, falseamento de contas anuais e de información económica e financeira. E dous anos máis por alzamento de bens. En total, oito anos de prisión.

A sentenza da Audiencia Nacional relata como a partir da crise de 2008, Fernández de Sousa co seu grupo de confianza deseñaron unhas prácticas para seguir obtendo financiamento bancario, e manipularon as contas e outros documentos para captar novos investidores.

Hai outros 11 condenados a penas de entre seis meses e tres anos e medio de prisión, entre eles Rosario Andrade, a muller do ex-presidente, a un ano de cadea por alzamento de bens.