O exsecretario de organización de Ciudadanos deixa o partido

0 minutes read

Laureano Bermejo, que fora secretario de organización de Ciudadanos en Galicia, anunciou nas súas redes sociais que abandona o partido laranxa. Causa baixa como afiliado e como membro electo do Consello Xeral. Di que o fai, non porque cambiara el se non pola deriva de Ciudadanos que pasou, di no seu escrito, de ser un proxecto ilusionante a ser unha muleta de Pedro Sánchez. Laureano Bermejo seguirá iso si como concelleiro en Ourense, pasando ao grupo de non adscritos.