O Fabril golea ao Sofán (4-1)


O Fabril de Óscar Gilsanz iniciou a pretempada este sábado e fíxoo con triunfo (4-1). O filial branquiazul enfrontouse ao Sofán en Abegondo mostrándose moi superior ao cadro carballés. O máis destacado foi Nájera, que segue de doce despois do seu bo final de tempada e marcou dous goles que contribuíron a comezar con bo pé a nova etapa fabrilista. Neste primeiro duelo de preparación, Óscar Gilsanz repartiu minutos para todos os mozos que ten á súa disposición. A maioría xuvenís e que acaban de terminar a súa etapa de formación como é o caso de Víctor Guerra ou Brais Val. De feito, o marcador completárono Hugo Padín e Quique Teijo, outros dous futbolistas aos que aínda lle queda percorrido en División de Honra.