O Fabril xa está en marcha


O Fabril comezou este mércores a súa pretemporada en Abegondo. Tras a declaración de intencións inicial de Óscar Gilsanz, o filial saíu ao céspede da cidade deportiva para o primeiro adestramento. Este arranque da preparación está marcada pola renovación practicamente completa do persoal, con unicamente catro xogadores que repiten do curso pasado. Estiveron xa ás ordes de Gilsanz os ata o de agora dúas únicas fichaxes: David Martínez e Fabio González. Con eles, destaca tamén a gran representación de xuvenís que realizarán a pretemporada co segundo equipo branquiazul. Varios deles flamantes campións como Mario, Fito, Nájera ou Mella, que segue queimando etapas aos seus 16 anos.