Co gallo do comezo do segundo Ano Santo e recollendo o éxito da primeira iniciativa Acende o Xacobeo coa que a Xunta dáballe a benvida á celebración deste Xacobeo excepcional, arrincou unha nova edición desta proposta, que ilumina medio cento de edificios significativos de toda Galicia distribuídos polos dez itinerarios xacobeos.
A iluminación na comunidade galega ten lugar durante as fins de semana en cor azul e coa frecha amarela e o logo do Xacobeo 21-22 nun total de 52 edificios das catro provincias. Na provincia da Coruña concretamente iluminaranse 18 edificios nas cinco comarcas, entre os que se atopa o Faro de Fisterra.
Do mesmo xeito en que se fixo o ano pasado, a segunda edición do Acende o Xacobeo tamén terá o seu concurso fotográfico. Unha vez comezou a iluminación dos monumentos, ábrese nas redes sociais un concurso fotográfico para animar ao público xeral a compartir esta iniciativa.
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou no acendido deste programa, que inclúe a iluminación de 18 monumentos singulares da provincia da Coruña, desde o pasado 23 de decembro e ata o 7 de xaneiro.