O FBI investiga a explosión de Beirut

1 minutes read

«Que sucedeu exactamente? Que foi o que provocou a explosión? Temos que asegurarnos de que haxa unha investigación exhaustiva, transparente e crible, que é o que todo o mundo están a esixir», declarou o enviado estadounidense David Ale, que se reuniu o venres co presidente Michel Aoun, ao que esixiu reformas e loitar contra a corrupción, para que poida desbloquearse a axuda financeira internacional para o Líbano.

Xa están en Beirut os membros do FBI que colaboran na investigación.

O presidente Aoun admitiu que foi informado do perigo do material explosivo almacenado no porto de Beirut dúas semanas antes da deflagración. As case 3.000 toneladas de nitrato de amonio chegaran nun barco con bandeira moldava en 2013 ao porto beirutí, onde quedou confiscado por problemas técnicos. Moitos libaneses queren que a investigación estea fora das mans do goberno libanés, sobre todo tras a recente publicación dunha carta que informaba do perigo do depósito de nitrato de amonio, 15 días antes da explosión, pero as autoridades do Líbano fixeron caso omiso da advertencia.