O federalismo e a plurinacionalidade estarán presentes no programa do PSOE

Pedro Sánchez

Este mércores o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, aclarou o programa electoral do PSOE despois de que se filtrase un borrador do mesmo, no que non había referencia algunha ás declaracións de Granada e de Barcelona nas que se defenden os conceptos de plurinacionalidade e federalismo.

«Filtrouse un programa que non estaba terminado», asegurou. «Imos incorporar a declaración de Granada e de Barcelona no texto programático», incidiu nunha entrevista en Antena3.

Unha filtración que valeu as críticas dos ‘comúns’. O seu candidato ao Congreso Jaume Asens, reprochou ao PSC que decidise «dar as costas á súa tradición catalanista» para acabar manifestándose «co trío de Colón», en referencia a PP, Cidadáns e Vox.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha