O FEM 2022 comezou en Baio co espectáculo de contos dramatizados “Rosa e Azul”

O Festival Escena Muller 2022, unha iniciativa da Deputación da Coruña apoiada polos departamentos de Igualdade dos Concellos de Vimianzo e de Zas, arrincou este luns, ás 11.20 horas, no CPI Baio co espectáculo de narración oral «Rosa e Azul». Con guión, dirección e interpretación de Victoria Pérez, trátase dunha sesión de contos teatralizados que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto dende que nacemos. A través da manipulación de xoguetes e marionetas artesás, Pérez e Fernández mesturan historias reais con contos de ficción que xiran ao redor do respecto, o amor, a tolerancia e a diversidade.

O FEM 2022 terá a súa seguinte parada o 1 de abril de novo en Baio, onde Diana Sieira representará «The Witch». Seguirana Carmen Conde, que levará a escena «Mikrama» en Zas, o 8 de abril; Judit Iglesias, quen abordará o tema da sexualidade no CPI de Zas, o 21 de abril; Noelia Darriba, co relatorio «O bo trato», o 27 de abril, no Auditorio de Vimianzo; Olga Osorio, quen falará da «Creación audiovisual en feminino», o 18 de maio, no IES de Baio; e Estíbaliz Veiga, que representará «Golpes» no Auditorio de Vimianzo, o 20 de maio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha