O féretro de Isabel II chega ao palacio de Buckingham procedente de Edimburgo


Isabel II volve a casa. Os restos mortais da raíña de Inglaterra chegaban este martes a Londres, desde Edimburgo, a capital escocesa, acompañados pola súa filla, a princesa Ana, e eran trasladados á súa residencia oficial, o palacio de Buckingham. Centenares de persoas acompañaron o percorrido polas rúas de Londres. Unha multitude esperaba a chegada do féretro ás portas de Buckingham para darlle o seu último adeus, con sentimentos mesturados de tristeza e emoción. Dentro esperábano o rei Carlos III e Camila, a reina consorte, tras regresar de Irlanda do Norte, no marco da súa xira polas rexións do Reino Unido. Isabel II será enterrada na capela de Saint George do castelo de Windsor, xunto ao seu esposo, o príncipe Felipe.