O Festival de La Luz volverá a Boimorto en agosto

1 minutes read

O Festival da Luz celebrarase este ano os días 25, 26 e 27 de agosto en Boimorto e contará con importantes novidades no seu formato, como a incorporación dunha área destinada ao circo. O evento conta co apoio da Deputación da Coruña, que que instala cada ano no recinto o seu Mercado de promoción de produtos locais. O portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, asisitiu na Fundación Paideia da Coruña á presentación do Festival de La Luz 2023, un acto no que tamén se entregou a recadación solidaria do ano pasado (83.704 €) á Federación Alzheimer Galicia (Fagal), que agrupa a 15 entidades destinadas a apoiar aos enfermos de Alzheimer e ás súas familias. No cartel musical desta nova edición destaca a presenza de Luar na Lubre, Lady Banana, Volvoreta, Ona Mafalda, Ramoncín, Mr Fishman, Rayden ou Herediros da Crus, entre outros.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?