O festival de narración oral “Falando a Boca Chea” chega esta semana ao Fórum da Coruña

PIXABAY

  • O evento terá lugar do 29 de setembro ao 3 de outubro

Do 29 de setembro e ata o 3 de outubro o festival de narración oral “Falando a Boca Chea” volve á Coruña da man de Artestudio Xestión Cultural. Este evento, que conta co apoio do Concello da Coruña e do Fórum Metropolitano, achega á cidade herculina diversos espectáculos protagonizados por colectivos de teatro afeccionado e narradores galegos que abordarán todas as cuestións referidas á sociedade actual.

Todos os espectáculos terán lugar no Fórum Metropolitano e será obrigatorio o uso de máscara.

Consulta aquí a programación completa.