O Festival de Ortigueira de este ano fai unha chamada ás oito nacións celtas

Desenvovlerase do 11 ao 14 de xullo nunca nova edición que responde ao lema   #OitoNacionsUnhaCultura cunha chamada especial a Asturias, Escocia, Irlanda, Bretaña, Gales, Cornualles e a illa de Man. Conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través da liña de axudas a festivais.

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, participou no acto de presentación dunha nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira xunto co tamén deputado e alcalde do concello, Juan Penabad e distintos responsábeis das entidades patrocinadoras do evento.

Na presentación participaron tamén o, responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia, Víctor Mantiñán, o director de marketing de Gadisa, Antonio Cortés, o coordinador de negocio institucional de Abanca, José Manuel Vilariño, a secretaria territorial da Xunta na Coruña, Patricia Rodríguez e o coordinador do festival, Alberto Balboa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha