O festival de teatro infantil da Laracha arrancou cunha visita sorpresa

1 minutes read
  • A Casa da Cultura acolle estes días a obra ‘Os tres porquiños’, de Educa Teatro, en horario lectivo

Esta semana deu comezo o festival de teatro infantil que organiza o Concello da Laracha nas datas previas ás festas do Nadal. As funcións desenvólvense na Casa da Cultura en horario lectivo, xa que o programa está pensado para o alumnado dos centros escolares do municipio.

O venres Educa Teatro chegou ata a Laracha coa súa obra ‘Os tres porquiños’, a cal foi realizada ante o alumnado do CEIP de Caión e parte do Otero Pedrayo. Durante o luns e o martes asistirán o resto de estudantes deste último colexio así como todos os do CEIP Alfredo Brañas.

Tras finalizar a función os mozos recibiron unha visita sorpresa: a de Papá Noel. Sen dúbida, a chegada desta personaxe tan querida encheu de ilusión e alegría a sala.

Papá Noel durante o Festival de Teatro infantil na Laracha_Cedida