O festival «Elas Son Artistas» regresa esta fin de semana á Coruña con dúas novas citas

1 minutes read
  • A primera será o domingo no auditorio do parque da Igrexa, en Cambre, con Belém Tajes; e a segunda, no patio da Fundación Luis Seoane, na Coruña, con Lúa Mosquetera e Mounqup

Este domingo o ciclo metropolitano de música e artes pola Igualdade, Elas Son Artistas, regresa á comarca de A Coruña con dúas actuacións. Trátase dun micro festival no que a creatividade da muller é protagonista e que achega eventos culturais a 8 concellos da área Metropolitana da Coruña cunha programación máis intensa na capital, na que conta con múltiples sedes.

O primeiro evento terá lugar no auditorio do parque da Igrexa (Cambre), onde a partir das 12:00 horas os asistentes poderán gozar da música interpretada por Belém Tajes. A que fora voz de Luar na Lubre dá un paso adiante coa presentación dun novo proxecto máis persoal, unha mistura de cancións en galego e castelán con reminiscencias a súa infancia entre Bos Aires e Camariñas.

Xa entrada a tarde, o patio da Fundación Luis Seoane, na cidade herculina, encherase de música a partires das 19.00 horas coas actuacións de Lúa Mosquetera e Mouqup. Esta última artista mezcla unha gran variedade de influencias culturais que van desde os ritmos africanos á experimentación industrial. En cambio, Lúa Mosquetera achegará a súa poesía feminista con base musical de «reguetón». Trátase dunha enumeración de varios micromachismos que se sofren a diario (baseado en testemuños reais) cunha reflexión final que invita a cuestionarse certas actitudes cotiás incitando ao cambio e á busca da igualdade.

A entrada a ambos concertos será de balde e o acceso abrirase 30 minutos antes de cada celebración. O público deberá ter posta máscara durante todo o espectáculo e respectar a distancia de seguridade marcada entre localidades.