O Festival Galicreques chegou ao seu 25º aniversario


O Festival Internacional Galicreques celebrará neste 2020 o seu vixésimo quinto aniversario cunha edición especial marcada polas circunstancias sanitarias, pero cun marcado compromiso tanto co público como co sector cultural. A programación arrincará este sábado, 10 outubro, con seis actuacións repartidas en diferentes espazos. O Festival Galicreques ofrecerá ao longo de nove intensas xornadas máis de 40 funcións cun programa que contará con máis de vinte compañías, procedentes maioritariamente de Galicia, pero cunha importante presenza nacional e internacional. O responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, destacou a vitalidade dos corenta festivais apoiados polo ente provincial e o esforzo por se adaptar ás novas cirunstancias nunha aposta pola cultura segura que non contaxia.