O festival gratuíto Pint of Science encherá de ciencia dous bares de Carballo os días 18, 19 e 20 de maio

1 minutes read

En Carballo, Pint of Science celebrarase en Cervexaría Marabú, Cafetería Pazo da Cultura e Cafetería O Mercado, cun total de 6 charlas científicas que cubrirá as temáticas desde a medicina en prematuros, a intelixencia artificial, o autismo e a reciclaxe de metais valiosos.
Entre as persoas investigadoras e científicas que participan nesta edición de Pint of Science Carballo, atópanse o recoñecido neonatólogo Alejandro Ávila que nos introducirá nas secuelas pulmonares nos bebés prematuros, a directora do Arquivo Histórico da USC Desirée Domínguez que busca a aplicación práctica da Intelixencia artificial no mundo do arquiveiros e, a experta en autismo Isabel García que nos ofrecerá unha auténtica masterclass sobre as realidades do TEA. Pode consultarse a programación completa e todos os investigadores relatores na web https://pintofscience.es/events/carballo/