O festival Rockin’ 2023 xa ten cartel e rendirá homenaxe a Carballo o 1 de xullo

1 minutes read

Despois das lembranzas a Jimi Hendrix, Jim Morrison, Aretha Franklin e Janis Joplin nos carteis dos últimos anos, neste 2023 o Rockin’ quere render homenaxe a Carballo cun cartel que, ao igual que o skyline, recolle algúns dos símbolos arquitectónicos da capital do concello. Presentámosche a nova imaxe do festival de música alternativa organizado pola Concellaría de Mocidade arredor das festas de San Xoán.

Moi pronto comezarán coas confirmacións dos grupos, pero un dos primeiros adiantos é que o festival pagará moito a pena, así que ide reservando a data do 1 de xullo para gozar da música da mañá á noite, e aproveitade a fin de semana de despedida do San Xoán para gozar do Rockin’ o sábado e da Festa do Bosque o domingo. A concelleira de Mocidade, Maruxa Suárez, felicitou ao deseñador gráfico carballés Juan Félix Gende, «porque unha vez máis volveu atinar co cartel, convertendo a ponte da guitarra no skyline de Carballo».