O Festival Rosalía toma as redes cun amplo programa


Do día 18 de febreiro ao 3 de marzo desenvolverase na rede o Festival Rosalía da área de Cultura da Deputación da Coruña que chega a súa cuarta edición marcada pola pandeia. Persoas de distintos ámbitos do mundo da cultura participarán neste encontro dixital arredor de Rosalía, desde a rapeira Aid, as músicas Guadi Galego ou Uxía, escritoras como María Reimóndez, Rosalía Fernández ou Antía Yáñez e un feixe de propostas creadas arredor da grande figura da nosa cultura. De xeito paralelo, e con vontade divulgativa sobre a escritora, realizaranse sete publicacións sobre sete localizacións relevantes relacionadas coa súa vida e que se englobarán baixo o cancelo #Rosalía7lugares.