O FIOT arrincará este domingo coa coprodución de ‘Wombo Combo’

1 minutes read

O Pazo da Cultura de Carballo acolleu este martes a presentación de Wombo Combo, un dos dous espectáculos que o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) coproduce este ano e cuxa estrea absoluta terá lugar no marco da 31ª edición do certame este domingo 2 de outubro a partir das 18.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura.

Na presentación desta nova co-produción do FIOT participaron, entre outros, boa parte dos integrantes do equipo, entre eles Tone Martínez e Alba Bermúdez, o presidente da asociación Telón e Aparte, Alberto Sueiro; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero, que reiterou o compromiso do Concello de Carballo coa cultura e cos creadores e as creadoras locais.

As entradas para o espectáculo, recomendado para maiores de 5 anos, están dispoñibles a través da plataforma web www.ataquilla.com.