O FIOT rende homenaxe a Celso Parada coa exposición “30 anos de Teatro do Morcego”

1 minutes read
  • Do 4 de outubro ao 1 de novembro poderá visitarse no Pazo da Cultura de Carballo.

Tanto Parada coma Teatro do Morcego foron piares fundamentais do FIOT nas súas primeiras edicións e as súas propostas escénicas formaron parte da programación do festival, abraiando con todas elas ao público de Carballo. No ano 2005, Parada recibiu o galardón de Xograr de Outono en recoñecemento a súa traxectoria e labor no desenvolvemento do teatro galego. Agora, e gracias a colaboración de Isabel Ávila, cofundadora con Parada da compañía, e ao escenógrafo Carlos Alonso, os espectadores poderán recordar a a súa obra grazas á mostra.

A exposición, percorre tres décadas do traballo de Teatro do Morcego a través de pezas históricas do vestiario, escenografía, memoria gráfica e dramaturxia dos 31 producidos pola compañía, nos que participaron máis de medio cento de actrices, actores, músicos, bailaríns e directores.

No acto de apertura ao público, que terá lugar ás 20.00 horas, participarán o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro; a cofundadora da compañía, Isabel Ávila; e o deseñador da mostra, Carlos Alonso.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?