Será no Pazo da Cultura de Carballo ás 21.00 horas. A peza é unha coprodución do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) xunto a Ainé Producións e o Centro Dramático Galego, dirixida por José L. Prieto e protagonizada por Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira. A estrea da peza houbo de ser cancelada o pasado mes de outubro, no marco da 34ª edición do FIOT, por unha baixa médica dun dos intérpretes, que está xa recuperado.
As entradas para a función que quere levar a maxia da improvisación oral a novos públicos consolidando a regueifa como un patrimonio vivo capaz de unir humor, emoción e coñecemento nun espectáculo participativo e festivo, estarán dispoñibles a partir do xoves, 22 de xaneiro, ás 10.00 horas, en Ataquilla.