O Fisterra despégase da cola, suma 3 puntos ante o CSD Arzúa

Ambos os equipos estaban necesitados de puntos, pero se cabe, o Fisterra máis, formando parte do vagón de cola da táboa clasificatoria. Cos tres puntos sumados este sábado en O Viso, grazas a un solitario gol de Esteban Capelo, no inicio da segunda parte, que tamén fallou un penalti, debido a unha boa intervención do porteiro local Marqueta. O Fisterra empeza a coller algo de aire sumando 12 puntos na táboa. O Arzúa tentouno unha e outra vez, tratando de sorprender ao equipo visitante ao contragolpe, pero non foi quen de penetrar na portería defendida por Iván Bouzón.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha