O Bergantiños FC segue a traballar no proxecto para a nova temporada e anuncia dúas renovacións importantes como son a do capitán Marcos Remeseiro e o defensa central Jorgé Tomé, e a incorporación do xogador fisterrán Hugo Baldomar no seu primeiro ano como sénior.
Baldomar, un xogador prometedor
O mediapunta (Fisterra, 2004) deu os primeiros pasos no fútbol federado nas Escolas Luis Calvo na categoría Prebenxamín. Despois de dous anos, no 2012, incorpórase á canteira do RC Deportivo, club ao que estivo ligado durante 11 tempadas, formando parte dunha das mellores xeracións da base do Dépor.
Xogador cunha gran progresión, que pode desenvolverse en calquera posición ofensiva, vén de capitanear e de proclamarse subcampión xuvenil de División de Honra así como tamén subcampión da Copa do Rei xuvenil co RC Deportivo.
Remeseiro e Tomé renovan o seu compromiso co club
O capitán, Marcos Remeseiro, continúa unha tempada máis vestindo a camisola vermella e con esta xa sería o seu quinto ano consecutivo.
“Despois destes anos sigo coa mesma ilusión e coas mesmas ganas que o primeiro día. Agardo que esta temporada poidamos darlle aos socios e afeccionados as alegrías que merecen e levar de novo ao Bergan á categoría que tamén merece”, declara o capitán.
Tamén o defensa central Jorge Tomé firmaba este mércores a súa renovación para esta temporada 23/24.