Segundo as previsións do Fondo Monetario Internacional (FMI), moitos países entrarán en recesión en 2023. E o paso dunha economía con relativa estabilidade, baixos tipos de interese e baixa inflación a outra diametralmente oposta dificulta a cooperación mundial. As graves presións inflacionistas causadas polos desequilibrios entre a oferta e a demanda, as políticas da época da pandemia e a invasión de Ucraína non auguran tempos mellores, segundo a directora xerente do FMI, KristalinaGueorguieva. Pola súa banda España non entrará en recesión en 2023 e seguirá crecendo por encima da zona euro durante o ano que vén, aínda que ata comezos de 2024 non se recuperará ata o seu nivel previo á pandemia, segundo estimou este venres o Fondo Monetario Internacional (FMI).
36