O FMI proxecta unha aceleración da recuperación económica mundial grazas á vacinación

0 minutes read

O Fondo Monetario Internacional (FMI) proxecta unha maior recuperación económica para este ano e o próximo, o que significa un repunte dos prognósticos publicados en 2020. As novas previsións globais son dun crecemento do 6% este ano e do 4,4% para o próximo, 2 décimas máis que en xaneiro. Con todo, a recuperación na zona do euro non impresiona tras o esborralle de máis do 6,5% en 2020. Así mesmo, a entidade advirte que a crise da COVID-19 deixará cicatrices nos países emerxentes cunha crecente desigualdade e un aumento da pobreza.