A localidade de Ribeira acolleu a Final Galega do Nada e Corre da FEGATRI no que os da AD Fogar de Carballo e Oleiros tomamron parte con 10 triatletas de base. Por equipos foron subcampións galegos por detrás do Ribeira e por diante do Delikia mentres que no apartado individual Carla Vicente foi 10ª e Tadeo Suárez 9º na categoría benxamín, Abel Antelo foi 14º na alevín, Irene Santomé 7ª e Diego Andújar 5º na infantil e Joel Barcia e Inés Duarte acadaron a medalla de prata e máis a medalla de bronce na categoría cadete.