O Fondo de Compensación Ambiental leva a cabo varias actuacións en Mazaricos

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, comprobou as diferentes actuacións levadas a cabo no concello de Mazaricos ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. A través desta liña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, o Goberno galego investiu neste Concello máis de 197.000 euros para a subministración de soportes para contedores de recollida de RSU, para a construción dunha caseta prefabricada de madeira para aula da natureza, na mellora da eficiencia enerxética do recinto feiral polivalente e en actuacións de roza mecanizada e limpeza de estradas, pistas e camiños rurais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha